Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 14 de agosto de 2014 Páx. 35450

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 28 de xullo de 2014 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral de Medios, anunciada pola Orde do 19 de xuño de 2014.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral de Medios, anunciada pola Orde do 19 de xuño de 2014 (Diario Oficial de Galicia nº 120, do 26 de xuño), de conformidade co establecido no artigo 29.2º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4º do referido decreto lexislativo, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral de Medios, anunciada pola Orde do 19 de xuño de 2014 (Diario Oficial de Galicia nº 120, do 26 de xuño).

Segundo. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e seleccionar o funcionario que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o/a funcionario/a preste servizos, ou de sete días hábiles se radica en distinta localidade. Cando o/a funcionario/a obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles, de conformidade co establecido no artigo único do Decreto 166/2013, do 14 de novembro, que modifica o artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidas ao interesado. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. A xefatura do centro en que cause baixa o funcionario, así como a daquel en que obteña destino consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que esgota á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2014

Valeriano Martínez García
Secretario xeral da Presidencia

ANEXO

Apelidos e nome: Lago Fernández, Santiago.

NRP: 3608293357 A2060.

Grupo: A1.

Denominación do posto de traballo: xefatura do Servizo de Xestión de Medios Informativos.

Código: PX.201.00.001.15770.005.

Corpo/escala: xeral.

Nivel: 28.

Dependencia: Secretaría Xeral de Medios.

Localidade: Santiago de Compostela.