Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 14 de agosto de 2014 Páx. 35471

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos OU-E-50/14 e outros.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase aos titulares dos establecementos que se relacionan no anexo que se achega a resolución do expediente sancionador, por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

O importe da sanción farase efectivo na conta restrinxida de recadación de multas e sancións en Abanca Recadación Xunta modelo XTAX, ou na conta contable 840 código 001 de Abanca, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao de que esta resolución sexa executiva. Para efectuar o ingreso deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados na oficina desta xefatura territorial, sita na avenida Habana, nº 79, 2º, Ourense.

Transcorrido o citado prazo, cobrarase pola vía administrativa de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Ourense, 29 de xullo de 2014

Marisol Díaz Mouteira
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-50/14.

DNI: 76729940-P.

Denunciado: Roberto Cid Domínguez.

Enderezo: r/ Tomás María Mosquera, 25 b, O Carballiño, Ourense.

Establecemento: Principal, r/ Tomás María Mosquera, 25 b, O Carballiño, Ourense.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola
Lei 4/1997.

Importe da sanción: 300 €.

Número de expediente: OU-E-60/14.

DNI: X-9085254-R.

Denunciado: Casimira Jiménez.

Enderezo: r/ Brasil, 1, soto, O Carballiño, Ourense.

Establecemento: Sotano, r/ Brasil, 1, soto, O Carballiño, Ourense.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola
Lei 4/1997.

Importe da sanción: 90 €.

Número de expediente: OU-E-78/14.

DNI: 45145265-Z.

Denunciado: Ramona Emilia Canario Martínez.

Enderezo: rúa Perfectino Vieitez, 12, O Carballiño, Ourense.

Establecemento: Taberniña Latina, rúa Perfectino Vieitez, 12, O Carballiño, Ourense.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola
Lei 4/1997.

Importe da sanción: 300 €.

Número de expediente: OU-E-82/14.

DNI: Y-0628980-J.

Denunciado: Maico Arbelt Pérez Peña.

Enderezo: avenida Julio Rodríguez Soto, 11, baixo, O Carballiño, Ourense.

Establecemento: Sin Sol, avenida Julio Rodríguez Soto, 11, baixo, O Carballiño, Ourense.

Precepto infrinxido: artigo 26.o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola
Lei 4/1997.

Importe da sanción: 301 €.

Número de expediente: OU-E-84/14.

DNI: B-32333551.

Denunciada: Nosguloscu, S.L.

Enderezo: praza José Otero, 16, baixo, O Barco de Valdeorras, Ourense.

Establecemento: Sueño Humedo, praza José Otero, 16, baixo, O Barco de Valdeorras, Ourense.

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Importe da sanción: 570 €.