Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 14 de agosto de 2014 Páx. 35492

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica nos concellos de Arzúa e Vila de Cruces (expediente IN407A 2014/097).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Domicilio social: Paseo Conde de los Gaitanes, 177, 28109 Alcobendas (Madrid).

Denominación: LAT 220 KV San Caetano-Portodemouros entre AP.4-Sub. Portodemouros, edición 2.

Situación: concellos de Arzúa (A Coruña) e Vila de Cruces (Pontevedra).

Características técnicas:

Desmontaxe da liña aérea LAT 220kV San Caetano-Portodemouros (IN407A 001/2005 DXIEM-AT) entre a subestación de Portodemouros e o apoio nº 4, deixando nos apoios 2 e 3 existentes unicamente o circuíto pertencente á LAT 220 kV Portodemoutos-Monte do Carrio.

Instalación dun novo tramo de liña na LAT 220 kV San Caetano-Portodemouros, desde a subestación de Portodemouros ata o apoio nº 4.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 5 de agosto de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña