Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 14 de agosto de 2014 Páx. 35483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 21 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente ANP-LU-0027/2014-V e outro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentanda dúas veces a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, que se contarán, desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70-2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.

Lugo, 21 de xullo de 2014

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: ANP-LU-0027/2014-V.

Interesado: Bruno Jorge Sousa Nuñes.

Acto notificado: iniciación de expediente sancionador.

Expediente: ANP-LU-0038/2014-V.

Interesada: María Ángeles López González.

Acto notificado: iniciación de expediente sancionador.