Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 14 de agosto de 2014 Páx. 35498

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 17 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2014047AL-LU por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 9 de xullo de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou resolución do expediente sancionador 2014047AL-LU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo a Fernando Saavedra Portela, titular do establecemento Parrillada Saavedra.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Fernando Saavedra Portela, titular do establecemento Parrillada Saavedra, o contido da citada resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraaselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Abanca (NCG Banco, S.A.-Novacaixagalicia); en BBVA transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 17 de xullo de 2014

Purificación Rivas Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2014047AL-LU.

Denunciado: Fernando Saavedra Portela, titular do establecemento Parrillada Saavedra.

DNI: 33339065-J.

Último enderezo coñecido: rúa Fontao, s/n, 27287 Bretoña, A Pastoriza.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos:

– Artigos 5.1 e 5.4; puntos 4 e 10 do capítulo I e puntos 1.c e 1.d do capítulo II do anexo II do Regulamento (CE) nº 852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DOUE núm. 139, do 30 de abril).

– Artigos 7.3 e 10.1 do Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas (BOE nº 11, do 12 de xaneiro de 2001).

– Artigos 50.1.e) e 51.1 parágrafo 10 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo).

Tipificación: leve.

Sanción imposta: catrocentos euros (400,00 €).