Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 13 de agosto de 2014 Páx. 34853

I. Disposicións xerais

Consellería de Traballo e Benestar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 19 de abril de 2013 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

Advertidos erros na orde antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 86, do 6 de maio de 2013, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 14295, na disposición transitoria oitava, onde di: «A aplicación do disposto no punto nove, polo que se modifica o artigo 38 da Orde do 2 de xaneiro de 2012, incluíndo unha nova alínea f), na cal se exixe a acreditación dos gastos a que se vincula a contía económica da libranza de coidados no contorno familiar, só será aplicable para as libranzas de coidados no contorno familiar recoñecidas a partir da data de entrada en vigor desta orde. Para as libranzas de coidados no contorno familiar recoñecidas con anterioridade á data de entrada en vigor desta orde, con independencia de que con posterioridade se proceda á revisión do PIA, será aplicable o réxime de xustificación establecido na normativa vixente na data da resolución do PIA correspondente», debe dicir: «A aplicación do disposto no punto dez, polo que se modifica o artigo 38 da Orde do 2 de xaneiro de 2012, incluíndo unha nova alínea f), na cal se exixe a acreditación dos gastos a que se vincula a contía económica da libranza de coidados no contorno familiar, só será aplicable para as libranzas de coidados no contorno familiar recoñecidas a partir da data de entrada en vigor desta orde. Para as libranzas de coidados no contorno familiar recoñecidas con anterioridade á data de entrada en vigor desta orde, con independencia de que con posterioridade se proceda á revisión do PIA, será aplicable o réxime de xustificación establecido na normativa vixente na data da resolución do PIA correspondente».