Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Expediente: IN407A 2014/006-1.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: recuamento LMT por reinstalación de pasarela peonil na rotonda de Sabón e anexo 1.
Situación: concello de Arteixo.
Características técnicas:
Tramo de liña de media tensión subterránea GRN-708, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,126 km, coa orixe en paso aéreo-subterráneo que se realizará en apoio número 45-2 existente da LMT GRN-708 (expediente 70/2013), no tramo da derivada aos CT Agarimo (expediente 30.572) e Ponte (expediente 115/2008), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240) Al, e final no paso aéreo-subterráneo que se realizará en apoio nº 45-2-1 proxectado que se intercalará na LMT GRN-708, no tramo da derivada aos CT Agarimo (expediente 30.572) e Ponte (expediente 115/2008).
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta instalación está previsto que se execute no prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 22 de xullo de 2014
P.A.
María Mar Ferreiro Broz
Xefa do Servizo de Administración Industrial