Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 12 de agosto de 2014 Páx. 34653

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

ANUNCIO do 11 de agosto de 2014 polo que dá publicidade á resolución da mesma data pola que se incorpora a referencia AS1401-X02-381-A3-01 no concurso de profesor asociado (AS1401).

Por resolución reitoral do 29 de xullo de 2014 convocouse concurso público para a contratación de profesorado asociado no curso académico 2014/2015 e foi anunciado no Diario Oficial de Galicia o 30 de xullo coa referencia AS1401.

Por resolución reitoral do 11 de agosto de 2014 acórdase incorporar a referencia AS1401-X02-381-A3-01 no anexo II da resolución da convocatoria de profesor asociado (AS1401).

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), en diante LOU, no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario, no II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e polo establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 7/2010, do 14 de xaneiro (DOG do 2 de febreiro), da Xunta de Galicia, esta reitoría, no uso das competencias recoñecidas pola LOU, logo da autorización da Dirección Xeral de Planificación de Orzamentos, resolve proceder ao anuncio da seguinte referencia:

Ref: AS1401-X02-381-A3-01. Prazas: 1.

Área: 381 Filosofía do Dereito.

Departamento: X02 Dereito Privado.

Categoría: Asociado T3-P3. Contratado/a.

Titulación: licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a, graduado/a.

Perfil: docencia en Dereito: teoría do dereito.

Centro(s) de traballo: 308 Fac. CC. Xurídicas e do Traballo, Vigo.

Duración contrato: curso académico.

A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro de anuncios do rexistro xeral da Universidade (Edificio Xerencia, Servizos Centrais, Campus Universitario-Vigo) e nos rexistros auxiliares dos campus de Ourense (Edificio Administrativo, Campus universitario das Lagoas), Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal, Campus universitario da Xunqueira) e Vigo (Escola de Enxeñaría Industrial, r/ Torrecedeira, 86), así como na páxina electrónica http://persoal.uvigo.es/, Servizo de Persoal Docente e Investigador, premendo en «emprego», «convocatorias de concurso» . Para outra información e aclaración de dúbidas poden dirixirse aos teléfonos 986 81 37 65 (Servizo de Persoal Docente e Investigador) e 986 81 36 00 (Negociado de Información).

O prazo de presentación de solicitudes para a referencia AS1401-X02-381-A3-01 é de dez días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, e débense dirixir ao reitor no modelo oficial, obrigatoriamente acompañadas dos documentos acreditativos previstos na Resolución do 29 de xullo de 2014 (anuncio no DOG do 30 de xullo).

Vigo, 11 de agosto de 2014

Por suplencia (RR 24.7.2014)
Ana María Graña Rodríguez
Vicerreitora de Organización Académica e Profesorado