Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 12 de agosto de 2014 Páx. 34651

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 28 de xullo de 2014 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Traballo e Benestar, anunciada por Orde desta consellería do 3 de xuño de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 118, do 23 de xuño).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Traballo e Benestar, mediante Orde do 3 de xuño de 2014 (DOG nº 118, do 23 de xuño), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ao persoal laboral fixo que se expresa no anexo desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por Orde desta consellería do 3 de xuño de 2014.

Segundo. O cesamento no actual destino do persoal laboral fixo que obtivo praza producirase no prazo de tres días, o cal disporá, para tomar posesión do novo posto, dun prazo de tres días se o destino do novo posto radica na mesma localidade da residencia habitual ou dun mes se radica en localidade distinta e supón un cambio efectivo de residencia debidamente xustificado da traballadora. Se na data de cesamento ou de inicio do cómputo do prazo posesorio o persoal está gozando dun período de licenza, vacacións ou permiso, o cómputo destes comezará o día seguinte ao da reincorporación ao posto de traballo.

O prazo posesorio considerarase, para todos os efectos, como de servizo activo.

Terceiro. O xefe do centro en que cause baixa o laboral fixo, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo, de reposición, perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2014

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO

Apelidos e nome: Montaña Couto, Pilar.

NRP: 3268340824L145100072.

Grupo: II.

Categoría: 7.

Denominación do posto: director/a administrador/a.

Código: TR.C99.40.501.36050.001.

Dependencia: Centro Ocupacional O Saiar (Caldas de Reis).

Localidade: Caldas de Reis.

C. singularidade: 4.123,92 €.

Observacións: B10//B18//funcións de dirección e animación sociocultural.