Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 12 de agosto de 2014 Páx. 34722

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2014 pola que se anuncia a licitación do contrato de subministración de vestiario para a Policía Local.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Michelena, nº 30, 36001 Pontevedra. Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.

2. Obxecto: uniformidade policía. Prazo de execución: 48 meses. Lugar: Pontevedra.

3. Procedemento e forma: aberto, SARA, cun criterio de adxudicación.

4. Orzamento de licitación: 261.178,00.

5. Garantías: provisional: 4.318 €. Definitiva: 5 %.

6. Obtención da documentación e información: Servizo de Contratación. Concello de Pontevedra, 36071. Teléfono: 986 80 43 00, fax: 886 21 28 43 e www.pontevedra.eu

7. Presentación de ofertas: cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Criterios de adxudicación e apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

Pontevedra, 29 de xullo de 2014

Raimundo González Carballo
Concelleiro de Goberno