Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 12 de agosto de 2014 Páx. 34644

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2014 pola que se resolve o concurso público de méritos entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir a dirección do Centro Residencial Docente de Vigo.

Convocado o concurso público de méritos para adxudicar en comisión de servizos a dirección do Centro Residencial Docente de Vigo, por Orde do 20 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 104, do 3 de xuño), de conformidade co establecido no artigo 6 da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicar, de acordo coa proposta da comisión de selección, o posto de director do Centro Residencial Docente de Vigo a Luis Samartín Peleteiro.

Segundo. Nomear a Luis Samartín Peleteiro director do Centro Residencial Docente de Vigo, no uso das atribucións conferidas polo artigo 10 do Decreto 43/1989, do 8 de marzo, modificado parcialmente polo Decreto 52/2006, do 30 de marzo (Diario Oficial de Galicia núm. 64, do 31 de marzo).

Terceiro. A incorporación á praza obtida terá lugar no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, de acordo co establecido no artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común.

Pontevedra, 24 de xullo de 2014

César A. Pérez Ares
Xefe territorial de Pontevedra