Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 12 de agosto de 2014 Páx. 34643

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos/as, convocado por Orde do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 24 de xullo de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 27 de febreiro de 2014 (DOG núm. 50, do 13 de marzo), modificada pola Orde do 24 de marzo de 2014 (DOG núm. 71, do 11 de abril), pola que se nomean os membros do tribunal encargados de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos/as, convocado por Orde do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño), acordou que o segundo exercicio da fase de oposición terá lugar o día 4 de setembro de 2014 e que o lugar de realización será nas aulas 10, 11 e 17 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recolla de móbiles.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2014

Fernando García-Fente Varela
Presidente do tribunal