Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 11 de agosto de 2014 Páx. 34538

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (3038/2012).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da sección primera da sala segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 3038/2012 desta sección, seguido por instancia de Suárez Pena contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Midat Cyclops, Escavaciones y Construciones Exconcasa, S.L., sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos que estimamos o recurso de suplicación interposto por Jesús Suárez Pena, contra a sentenza con data do 3 de outubro de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 2 desta capital, nos presentes autos seguidos por instancia do dito recorrente, fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua de Accidentes de Traballo MC Mutual, así como fronte á mercantil Escavaciones y Construciones Excongasa, S.L., sobre continxencia de incapacidade temporal, e con revogación da devandita sentenza e estimación da demanda inicial, declaramos, en consecuencia, o carácter de accidente de traballo da continxencia da incapacidade temporal iniciada polo demandante o 22 de agosto de 2008, cos efectos e contía que regulamentariamente lle corresponda, durante o tempo que permaneza en tal situación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Escavaciones y Construciones Exconcasa, S.L, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 17 de xullo de 2014

A secretaria xudicial