Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 8 de agosto de 2014 Páx. 34350

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de xullo de 2014 pola que se notifica a apertura do período de proba no expediente de reposición da legalidade urbanística COR/230/2013-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición.

Mediante Resolución do 15 de xaneiro de 2014 acordouse incoar expediente de reposición da legalidade urbanística, polas obras consistentes na execución dunha edificación sin licenza municipal, no lugar de Santa María, 27, Ardaña, no termo municipal de Carballo, provincia da Coruña.

O instructor acordou abrir un período de proba por un prazo de 30 días hábiles a fin de practicar as probas pertinentes.

Ao non poderse realizar a notificación persoal deste acordo, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle a Mª Luisa Pardiñas Rama o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística