Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 8 de agosto de 2014 Páx. 34351

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2014 pola que se anuncia a licitación, non suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria da subministración de vestiario e calzado para o persoal adscrito á Axencia Galega de Infraestruturas, de clave GA/14/042.08. S/008/2014.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Área de Contratación e Administración.

2) Domicilio: Edificios Administrativos San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4) Teléfono: 981 54 49 86.

5) Telefax: 981 54 47 91.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/ (prego de cláusulas administrativas particulares, prego de prescricións técnicas particulares, cadro de características).

2. Obxecto de cada contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración de vestiario e calzado para o persoal adscrito á Axencia Galega de Infraestruturas.

Clave do expediente: GA/14/042.08. (S/008/2014).

Orzamento base de licitación: 124.940 euros (IVE excluído). IVE: 26.237,40 euros. Importe total: 151.177,40 euros.

Prazo de entrega: 1 mes.

Lugar de entrega: segundo o especificado no punto O do cadro de características.

CPV (Referencia de nomenclatura): 18100000-0. 1880000-7.

División por lotes e número de lotes/número de unidades:

Lote 1 vestiario: orzamento base de licitación: 101.968 euros (IVE excluído).
IVE 21.413,28 euros. Importe total: 123.381,28 euros.

Lote 2 calzado: orzamento base de licitación: 22.972 euros (IVE excluído). IVE 4.824,12 euros. Importe total: 27.796,12 euros.

Non é necesario presentar ofertas aos dous lotes.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20959 (prego de cláusulas administrativas particulares, prego de prescricións técnicas particulares, cadro de características).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Garantía definitiva: 5 % do orzamento base de licitación de cada lote (sen IVE). Ver punto I do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional:

a) Solvencia económica e financeira: acreditarase segundo o establecido na cláusula 3.3.1 e 3.3.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, e o punto J do cadro de características deste.

b) Solvencia técnica ou profesional: acreditarase segundo o establecido na cláusula 3.3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares, punto K do cadro de características.

c) Os empresarios estranxeiros non clasificados deberán acreditar a súa capacidade e solvencia, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares de conformidade co disposto nos artigos 75 e 77 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

6. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará o décimo quinto día natural, que non coincida en domingo ou festivo, seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, en Santiago de Compostela e segundo se especifica no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

2) Domicilio: Edificios Administrativos San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes, se procede: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 15 días conforme o artigo 161 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

7. Apertura dos sobres B e C: terá lugar na data e hora que será anunciada no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/, con 2 días hábiles de antelación á realización do acto público de apertura dos sobres B e C, na sala de xuntas da Axencia Galega de Infraestruturas, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Se por algún motivo houbese que modificar o acto público de apertura dos sobres B e C reflictirase a nova data no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/.

8. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 3.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo DOG: por liña 10,82 euros.

10. No caso de que a información reflectida no enderezo da internet non concorde cos datos publicados no anuncio de licitación, prevalecerá este.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2014

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas