Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 7 de agosto de 2014 Páx. 34223

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 24 de xullo de 2014, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a incoación do 1 de xullo de 2014 ditada no expediente sancionador da Coruña AC-124/14, por infracción grave en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle a titular que no anexo se menciona a incoación de expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais non puido practicarse a notificación.

Neste mesmo acto designouse instrutor do expediente a Félix Collazos López, podendo a interesada promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A resolución do presente procedemento por infracción grave correspóndelle á directora da Axencia Turismo de Galicia, de acordo co establecido no artigo 19.4.g) dos estatutos da devandita axencia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro, en relación co artigo 119.1.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, a resolución do presente procedemento sancionador notificarase no prazo dun ano desde a data deste acordo.

A interesada disporán dun prazo de quince días, conforme co establecido no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, para achegar ante o instrutor do expediente, para a súa incorporación a el de cantas alegacións, documentos ou informacións consideren convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, coa advertencia de que de non formular alegacións no prazo sinalado este acordo se considerará como proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 13.2 do citado decreto.

A Coruña, 11 de decembro de 2013

P.S. (Resolución do 30.1.2014)
Crisanto Jesús Lamela Rozas
Xefe da Sección de Infraestrutura Turística

ANEXO

Expediente: AC-162/13.

Denunciada: Silvia Penas López.

NIF: 44805972V.

Establecemento: pensión Obradoiro.

Enderezo: rúa Pombal, 44.

Localidade: Santiago de Compostela.

Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011.

Incoación: 21 de novembro de 2013.

Sanción: multa de tres mil euros (3.000 €).