Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 7 de agosto de 2014 Páx. 34210

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 22 de xullo de 2014, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se resolve o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación do monte Medo de Vixueses, a favor dos veciños de Vixueses na parroquia de Foncuberta, concello de Maceda (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar con data do 9 de abril de 2014, adoptou a seguinte resolución:

«Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado «Ampliación do monte Medo de Vixueses», a favor dos veciños de Vixueses, na parroquia de Foncuberta, concello de Maceda (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 21 de novembro de 2012 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Manuel Rodríguez Rodríguez, como secretario da comunidade de montes veciñais en man común Monte Medo de Vixueses, no cal solicita a clasificación como veciñal en man común do monte denominado «Ampliación do monte Medo de Vixueses».

Segundo. Con data do 3 de outubro de 2013, o xurado provincial acorda iniciar o expediente de clasificación do referido monte e designa instrutor e realiza as comunicacións e publicacións á que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período de un mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Concello: Maceda.

Denominación do monte: «Ampliación do monte Medo de Vixueses».

Comunidade veciñal solicitante: veciños de Vixueses.

Parroquia: Foncuberta (Santa María).

Superficie total: 87.467 m2 segundo datos catatrais.

Parcelas catastrais que conforman os terreos para clasificar:

1. Polígono 91, parcela 112, lugar de Ribeira, superficie: 2.097 m2.

Estremas:

– Norte: parcelas: 113 (José Fernández Araújo), 117 (José González González) e 118 (José Caramés Carballo).

– Sur: parcelas: 110 (José Montero Gómez) e 111 (Enrique Gómez Garrido).

– Leste: parcelas: 95 (Nieves Rey Rey), 96 (José Ollero Fernández) e 103 (Ramona Grande).

– Oeste: parcelas 125 (Modesto Formoso Rey) e 126 (Juan María Rey Quiroga).

2. Polígono 91, parcela 145, lugar de Ribeira, superficie: 13.765 m2.

Estremas:

– Norte: co río.

– Sur: parcelas: 147 (Paz González González), 148 (Isolina Formoso), 151 (Nieves Rey Rey) e 152 (Concepción Parente Conde).

– Leste: parcelas: 137 (Antonio Rey Puga), 138 (Juan María Rey Quiroga), 142 (Modesto Formoso Rey), 143 (Antonio Carballo González) e 144 (Milagros Ocampo Formoso).

– Oeste: parcelas 156.

3. Polígono 106, parcela 169, paraxe Covas, superficie: 5.501 m2.

Estremas:

– Norte: co camiño público.

– Sur: coa estrada.

– Leste: parcelas: 94 (Jesús Rodríguez Rey), e 98 (Elías Lage Gómez).

– Oeste: parcelas: 99 (Rosa Rey Baltar), 100 (Daniel Reboredo), 101 (Antonio González Lage) y 103 (Antonio González Mojón).

4. Polígono 91, parcela 171, paraxe Reconco, superficie: 14.617 m2.

Estremas:

– Norte: co río.

– Sur: co camiño público.

– Leste: parcelas: 164 (Adolfo Cid Plaza), 170 (Evangelina Formoso Formoso), 172 (José Ollero Formoso), 174 e 176 (Manuel Pascual Lage), 175 (José Montero Gómez) e 177 (Isolina Formoso González).

– Oeste: co río.

5. Polígono 92, parcela 3, paraxe Recanto da Vella, superficie: 5.111 m2.

Estremas:

– Norte: co camiño público.

– Sur: parcelas: 2 e 9 (José Ollero Fernández).

– Leste: parcelas: 1 (Antonio Lage Borrajo), 2 (José Ollero Fernández), 4 (Concepción Formoso Formoso), 5 (Juan María Rey Quiroga) e co camiño.

– Oeste: co río, e parcelas: 1 (Antonio Lage Borrajo) e 2 (José Ollero Fernández).

6. Polígono 92, parcela 10, paraxe Recanto da Vella, superficie: 4.484 m2.

Estremas:

– Norte: parcelas: 9 (José Ollero Fernández).

– Sur: parcelas: 26 (José Manuel Rey Pérez), 55 (Otilia Ollero Ollero), 56 (Francisco Ferreiro Conde), 57 (Mari Carmen Siota Conde) e 59 (Manuel Carballo González).

– Leste: co camiño.

– Oeste: co río.

7. Polígono 92, parcela 19, paraxe Reconco, superficie: 5.945 m2.

Estremas:

– Norte: parcelas: 11 (Manuel Grande Fariñas), 12 (José Conde González), 13 (Modesto Formoso Rey), 14 (Julio Rey Prieto), 15 (Ramón Ferreiro), 16 (Justa Formoso Puga), 17 (Luis Rodríguez Ferreiro) e 18 (Dolores González Porto).

– Sur: parcelas: 20 e 21 (Isolina Formoso González), 22 (Antonio González) e María Ángeles Rey Grande.

– Leste: co camiño.

– Oeste: co camiño e parcela 8 (José Ollero Fernández).

8. Polígono 92, parcela 25, paraxe Reconco de Abaixo, superficie: 5.851 m2.

Estremas:

– Norte: parcelas: 20, 21 e 22 (Isolina Formoso González), Antonio González González e María Ángeles Rey Grande.

– Sur: parcelas: 61 (Corona Feijoo Formoso), 63 (Domingo Santiago González) e 65 (José Ollero Fernández).

– Leste e oeste: co camiño.

9. Polígono 92, parcela 85, paraxe Bouciñas, superficie: 3.245 m2.

Estremas:

– Norte: parcelas: 24 (María Ángeles Rey Grande) e 184 (Daniel Reboredo Cid).

– Sur: parcelas: 83 (Rosa Iglesias García), 84 (Teresa Villar González) e 86 (Eduardo Feijoo Gómez).

– Leste: parcelas: 175 (Manuela Garrido Ramos) e 185 (Antonio Formoso Fariñas).

– Oeste: co camiño.

10. Polígono 92, parcela 161, paraxe Reconco, superficie: 3.502 m2.

Estremas:

– Norte: co camiño público.

– Sur: parcelas: 24 (María Ángeles Rey Grande), 178 (Daniel Reboredo Cid), 179 (Cándida Siota Conde) e 182 (Manuel Carballo González).

– Leste: parcelas: 156 (Antonio Carballo González), 157 (Modesto Formoso Rey), 160 (Efrén González Porto) e 177 (Concepción Formoso Formoso).

– Oeste: co camiño.

11. Polígono 93, parcela 35, paraxe Castro, superficie: 4.711 m2.

Estremas:

– Norte: parcelas: 26 (Rosa Pascual Lage), 27 (Julia Pascual García), 28 (Julia Rey Pumar), 31 (José Luis González Fernández), 34 (Elisa Pascual Cid) e 200 (Serafín Iglesias García).

– Sur: co camiño público.

– Leste: parcelas: 29 (Ángeles Iglesias García), 30 (Concepción Formoso Formoso), 31 (José Luis González Fernández), 32 (Serafín Iglesias García), 33 (Joaquín Cid), 34 (Elisa Pascual Cid) e 187 (César Alonso Rodríguez).

– Oeste: parcelas: 199 (Luis Quintas Garrido).

12. Polígono 93, parcela 168, paraxe Vacellos, superficie: 801 m2.

Estremas:

– Norte: parcelas: 118 (Luis Rey Lage) e 169 (Milagros Ocampo Formoso).

– Sur: parcelas: 166 (Milagros Ocampo Formoso) e 167 (Julio González Garrido).

– Leste: parcelas: 169 (Milagros Ocampo Formoso).

– Oeste: parcelas: 167 (Julio González Garrido).

13. Polígono 106, parcela 105, paraxe Penedo, superficie: 17.837 m2.

Estremas:

– Norte: parcelas: 106 (Emilio García Pascual), 107 (Rosa Lage Garrido), 108 (Elías Vázquez Peña) e 111 (Concepción Formoso).

– Sur: parcelas: 122 (José Estévez) e co camiño.

– Leste: parcelas: 109 (Bernardino Rey González ) e 113 (Modesto Formoso Rey).

– Oeste: parcelas: 66 (Bernardino Rey González), 67 (Carlos Carballo) e 68 (Manolo Carballo).

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da sala contencioso-administrativa do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa; correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña disfrutando ao xurado provincial de clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo servizo de Montes, e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería do Medio Rural e do Mar e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial por unanimidade dos seus membros,

Resolve:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte «Ampliación do monte Medo de Vixueses», a favor dos veciños de Vixueses na parroquia de Foncuberta, concello de Maceda (Ourense) de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 22 de xullo de 2014

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Montes