Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 7 de agosto de 2014 Páx. 34165

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (163/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 163/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Emma María Casas Bernabeu contra Landro Albañilería, S.L., Landro Estructuras, S.L., Construcciones Landro, S.L., Estructuras Cubafer, S.L., Andrés Fernández Díaz, General de Subcontratas, S.L., sobre despedimento, se ditou auto en data 14.8.2014 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva:

Dispoño despachar orde xeral de execución do título indicado a favor da executante Emma María Casas Bernabeu fronte a Landro Albañilería, S.L., Landro Estructuras, S.L., Construcciones Landro, S.L., Estructuras Cubafer, S.L., Andrés Fernández Díaz, General de Subcontratas, S.L., parte executada.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, telefax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da/s infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A maxistrada xuíza substituta. A secretaria xudicial».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Landro Albañilería, S.L., Landro Estructuras, S.L., Construcciones Landro, S.L., Estructuras Cubafer, S.L., Andrés Fernández Díaz, General de Subcontratas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2014

A secretaria xudicial