Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 5 de agosto de 2014 Páx. 33725

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Pontedeume (expediente IN407A 2014/090-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Número de expediente: IN407A 2014/090-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: liña de media tensión soterrada en Campo Cosme.

Situación: concello de Pontedeume.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,238 km, con orixe en cela de liña proxectada no CT San Valentín, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV (1×240 Al), e final no centro de seccionamento (obxecto doutro proxecto).

Reforma do centro de transformación non prefabricado San Valentín, coa instalación dun novo conxunto de celas compactas 2L1P e desmantelamento da aparamenta convencional.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 11 de xullo de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña