Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 5 de agosto de 2014 Páx. 33723

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 2014/072-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Nº de expediente: IN407A 2014/072-1

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A. (UDESA).

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17 baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: LMTS Ferromeira-Portofranco.

Situación: concello de Cerceda.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea CS Gundín- CS Malasa: proxéctase en condutor de tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV 3(1×240 Al) discorrendo canalizado dentro de tubo de polietileno reticulado en treitos de nova canalización e canalización existente, e que terá o seu inicio na cela de liña existente no CS Guntín (expediente IN617B 2007/188), e finalizará na cela de liña existente no CS Malasa (expediente-vREIG 15/030136). A lonxitude total de LMT subterránea proxectada será de 447 metros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 4 de xullo de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña