Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 4 de agosto de 2014 Páx. 33587

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO (expediente 12403/411).

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria do 2 de xuño de 2014, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Estimar parcialmente, de acordo cos fundamentos do informe proposta supra transcrito, as alegacións presentadas por Mª del Carmen Romero Fadrique (doc. núm. 130051761)e José M. Casal Méndez, (doc. núm. 130068424), e para os exclusivos efectos da incorporación ao expediente dos datos que nelas se sinalan.

Segundo. Desestimar, de acordo cos fundamentos do informe proposta supra transcrito, as alegacións presentadas por Daniel Cerqueira Cancelo (doc. núm. 130050041), Ignacio Núñez Carrera, Arturo Núñez Carrera, Luis Núñez Carrera e a mercantil Núñez Riobó, S.A. (doc. núm. 130067771), Comunidade de Propietarios Santa Marta, 36 (doc. núm. 130067952), Mª Teresa Martínez Calvo (doc. núm. 13006925), Florencia Guillade (doc. núm. 130069162), Isabel María Cerqueira Cancelo (docs. núms. 130070539-130070540), Argentina Fernández Pazos (doc. núm. 130071379) e Fundación Casa da Caridade de Vigo, (doc. núm. 130075474).

Terceiro. Aprobar definitivamente o Plan Especial de Reforma Interior da APR A-4-01 Barrio do Cura, redatado polo arquitecto Alfonso Penela Fernández, datada en maio de 2014 (exp. 12403/411).

Cuarto. Dar traslado do presente acordo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas xunto con copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que o integran sobre os cales recae a presente aprobación definitiva, debidamente dilixenciados polo secretario do concello, facendo constar esta cuestión.

Quinto. Ordenar a publicación deste acordo no DOG, en cuxo anuncio se fará mención á remisión á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da documentación referida no punto cuarto deste acordo e, así mesmo, publicar no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra o documento que conteña a normativa e as ordenanzas.

Sexto. Ordenar a publicación do presente acordo, xunto coa ordenación definitivamente aprobada, na páxina web do Concello de Vigo.

Sétimo. Notificarlle o presente acordo aos alegantes para os efectos de dar cumprimento ao disposto no artigo 4, letra e) do texto refundido da Lei do solo e practicar as notificacións preceptivas, sinalando que os instrumentos de planeamento teñen natureza de disposición xeral polo que, contra este acordo, se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a súa notificación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo do exercicio das accións legais que xulguen convenientes.

Octavo. O presente acordo será susceptible de recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde a publicación do anuncio da súa aprobación definitiva.

Mediante oficio do 19 de xuño de 2014 foi remitida á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a documentación referida no punto cuarto do presente acordo.

Vigo, 3 de xullo de 2014

María del Carmen Silva Rego
Vicepresidenta da Xerencia municipal de Urbanismo