Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 4 de agosto de 2014 Páx. 33594

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e ordinario, do servizo de mantemento dos equipamentos electromédicos de tecnoloxía convencional situados nas unidades clínicas que Galaria xestiona nos hospitais Xeral-Cíes e O Meixoeiro de Vigo e Santa María Nai de Ourense (expediente AB-GLR1-13-001).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Mantemento e Obras.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

2) Domicilio: Edificio Administrativo Servizo Galego de Saúde, San Lázaro, s/n, 3ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 981 57 76 50.

5) Telefax: 981 57 78 43.

6) Correo electrónico:

odilo.garcia.rivela@sergas.es e sara.suarez.fernandez@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: poderanse recoller ata o último día de presentación das proposicións.

d) Número de expediente: AB-GLR1-13-001.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de mantemento dos equipamentos electromédicos de tecnoloxía convencional situados nas unidades clínicas que Galaria xestiona nos hospitais Xeral-Cíes e Meixoeiro de Vigo e Santa María Nai de Ourense.

c) División por lotes/partidas e número deles/as: non.

d) Prazo de execución: 1 ano.

e) Admisión de prórroga: sí.

f) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): non.

g) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 50420000-5.

i) CPA (referencia de nomenclatura): 33.13.12.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

Criterios

Puntos

– Criterios non valorables de forma automática (ata 50 puntos)

Organización do servizo

Ata 40

Xestión informatizada do servizo

Ata 10

– Criterios valorables de forma automática (ata 50 puntos)

Prezo total do contrato

Ata 42

Indicadores de calidade do servizo

Ata 8

4. Valor estimado do contrato: 195.783,12 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 97.891,56 €.

Importe total (21 % IVE engadido): 118.448,79 €.

6 Garantía exixida. Definitiva: si (5 % do orzamento base de licitación, excluído o IVE).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxase prego de condicións xurídicas.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día que se sinale no perfil de contratante.

b) Modalidade de presentación: véxanse pregos.

c) Entidade: Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

d) Domicilio: Oficinas Centrais Galaria. Edificio Administrativo Servizo Galego de Saúde, 3ª planta, San Lázaro, s/n.

e) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

f) Admisión de variantes: non.

g) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: no lugar, día e hora que se estableza no perfil de contratante www.sergas.es.

b) Dirección: Edificio Administrativo Servizo Galego de Saúde, San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

10. Gastos de publicidade: véxanse pregos.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2014

María Luisa Brandt Sanz
Directora xerente de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.