Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 4 de agosto de 2014 Páx. 33593

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de delegación de facultades do Concello do Grove.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 27 de xuño de 2014, acordou por unanimidade aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de recursos locais realizou o Concello do Grove, por Acordo do Pleno do 28 de abril de 2014, e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobramento na Tesouraría do Concello, coa excepción das sancións por infraccións de tráfico e das sancións previstas nas ordenanzas de limpeza e ambiente, limpeza e valado de soares, e de policía, bo goberno e medidas para fomentar e garantir a convivencia cidadá no espazo público do Concello.

A citada delegación levaraa a cabo a Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 1 de xullo de 2014

Rafael Louzán Abal
Presidente da Deputación
Provincial de Pontevedra

Gabriel Rodríguez Alonso
Secretario accidental da Deputación
Provincial de Pontevedra