Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 4 de agosto de 2014 Páx. 33565

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 15 de xullo de 2014 pola que se notifica resolución de procedemento administrativo sancionador do expediente 13-17-14-94.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, resolución do procedemento administrativo sancionador por presunta infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (en diante, TRLPEMM), en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción e en virtude do disposto no artigo 39.1.b) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG nº 146, do 1 de agosto), é o presidente do Consello de Administración.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, perante, a elección do interesado, o xulgado do contencioso-administrativo correspondente á circunscrición onde teña aquel o seu domicilio, ou o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda de Santiago de Compostela.

Non obstante, o interesado poderá optar por interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta Presidencia no prazo dun mes contado desde a mesma data antes sinalada.

O importe da multa poderá facerse efectivo en período voluntario dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE nº 302, do 18 de decembro), mediante modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia. De non efectuarse o ingreso no devandito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.

E para que conste e lles sirva de notificación e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Denunciante

Denunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Data-porto

Precepto

infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 13-17-14-94

Celador do porto

Carlos Bermúdez Monroy

Estr. Aldán, 24 baixo

36940 Cangas

(Pontevedra)

Incumprimento de orde de retirada e varada de embarcación tras afundimento

e reclamación de custos.

27.8.2013; Bueu (Pontevedra)

Arts. 306.a), b) e i) do RD 2/2011

Arts. 78.13 e 79.3

OM 12.6.1976

Art. 312

RD 2/2011

2.954,84 €