Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 1 de agosto de 2014 Páx. 33429

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación, polo procedemento aberto, das obras do proxecto de mellora da rede separativa de pluviais e renovación dos pavimentos peonís e de rodadura en subida á Madroa e outras vías. Fase II.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo; b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Fomento. c) Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación do Concello de Vigo. Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06. Correo electrónico: contratacion@vigo.org. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.vigo.org. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións; d) Número de expediente: 2501-440.

2. Obxecto do contrato: a) Tipo: obras; b) Descrición: as obras previstas nos seguintes proxectos:

• Mellora da rede separativa de pluviais e renovación dos pavimentos peonís e de rodadura en subida á Madroa e na rúa Manuel Costas Bastos, Candeán (expediente 2609-443).

• Mellora da rede separativa de pluviais e renovación dos pavimentos peonís e de rodadura en subida á Mouteira en Bembrive e rúa O Seixo en Beade (expediente 2610-443).

• Mellora da rede separativa de pluviais e renovación dos pavimentos peonís e de rodadura en rúas Rotea de Abaixo, Gandarón, Camiño Fermín e A Bagunda, Lavadores (expediente 2611-443).

• Mellora da rede separativa de pluviais e renovación dos pavimentos peonís e de rodadura na rúa Santa Mariña, Cabral (expediente 2627-443).

• Mellora da rede separativa de pluviais e renovación dos pavimentos peonís e de rodadura no Camiño Fondo, Castrelos (expediente 2629-443).

• Humanización da rúa Pedreira, fase II (expediente 2628-443).

c) CPV: 45231000-5 e 45233252-0 ; d) División por lotes e número de lotes: non; e) Lugar de execución: Concello de Vigo; f) Prazo de execución: tres (3) meses.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria; b) Procedemento: aberto; c) Criterios de adxudicación: os consignados no punto 8 da folla de especificacións do contrato do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 449.000 euros (IVE incluído).

5. Garantías exixidas: a) Provisional: non se exixe; b) Definitiva: 5 % do importe do contrato, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: non. b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no punto 6) da folla de especificacións do contrato (FEC).

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará o vixésimo sexto día seguinte ao de publicación deste anuncio no BOP e no DOG; b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo; c) Admisión de melloras: non; d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante do Concello de Vigo (www.vigo.org).

9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.000 euros.

Vigo, 21 de xullo de 2014

David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación