Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 1 de agosto de 2014 Páx. 33431

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación por lotes das obras que se realizarán nos campos de fútbol de Samil, As Travesas e a ETEA.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo; b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Deportes. c) Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación do Concello de Vigo. Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax 986 22 62 06. Correo electrónico: contratacion@vigo.org. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.vigo.org. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións; d) Número de expediente: 13166-333.

2. Obxecto do contrato: a) Tipo: obras; b) Descrición: as obras recollidas nos proxectos: Proxecto básico e de execución da reforma do campo de fútbol das Travesas (expediente 13083-333); Proxecto básico e de execución da reforma do campo de fútbol de Samil (expediente 13084-333) e Proxecto básico e de execución dun novo campo de fútbol 11 nas instalacións da ETEA (expediente 13110-333), consistentes na remodelación integral do terreos de xogo, a instalación dun novo pavimento de céspede artificial e a mellora dos sistemas de rega necesarios para o funcionamento do campo, para as instalacións das Travesas e Samil. No caso do novo campo de fútbol 11 da ETEA incluirá tamén a iluminación artificial, así como todo o cerramento perimetral necesario na instalación. c) CPV: 45236119-7 e 45231000-5; d) División por lotes e número de lotes: si; 3. e) Lugar de execución: Concello de Vigo. f) Prazo de execución: lote nº 1: dous (2) meses; lote nº 2: tres (3) meses; lote nº 3: dous (2) meses.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria; b) Procedemento: aberto. c) Criterios de adxudicación: os consignados no punto 8 da folla de especificacións do contrato (FEC) do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación: importe total 856.980,85 euros (IVE incluído); Dotación por lotes: lote nº 1: reposición e mellora do terreo de xogo de herba artificial e o sistema de rega para o campo de fútbol municipal das Travesas, 185.000 €; lote nº 2: obras campo de fútbol de céspede artificial na ETEA, 436.980 €; lote nº 3: reforma do campo de fútbol de Samil, 235.000 €.

5. Garantías exixidas: a) Provisional: non se exixe; b) Definitiva: 5 % do importe do contrato, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: non se exixe clasificación se o licitador se presenta soamente a un dos tres lotes ou os lotes un e tres conxuntamente. En caso contrario, deberá acreditarse a seguinte clasificación:

– Lote 1 e lote 2: grupo C (edificacións), subgrupo 6 (pavimentos, sollados e azulexados), categoría d.

– Lote 2 e lote 3: grupo C, subgrupo 6, categoría d.

– Lote 1, lote 2 e lote 3: : grupo C, subgrupo 6, categoría d. b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no punto 6) das folla de especificacións do contrato (FEC).

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará o vixésimo sexto día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP e no DOG; b)Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo; c) Admisión de melloras: non; d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo. Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante do Concello de Vigo (www.vigo.org).

9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.000 euros.

Vigo, 21 de xullo de 2014

David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación