Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 1 de agosto de 2014 Páx. 33358

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da obra de mellora de accesibilidade, instalación e sistemas de información en varias estacións de autobuses na zona norte da provincia de Pontevedra (Lalín, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa), cofinanciado nunha porcentaxe máxima do 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 4, tema prioritario 25.

missing image file

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 10/2014 M.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20368

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: mellora de accesibilidade, instalación e sistemas de información en varias estacións de autobuses na zona norte da provincia de Pontevedra. Estacións de autobuses de Lalín, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45213310-09.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 189.199,20 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 189.199,20 €. Importe total: 228.931,03 €.

6. Financiamento: cofinanciado nunha porcentaxe máxima do 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 4, tema prioritario 25.

7. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 9.7.2014.

b) Data de formalización do contrato: 16.7.2014.

c) Adxudicatario: Construcciones Orega, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 154.708,18 €. Importe total con IVE: 187.196,90 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2014

P.D. (Orde do 15.3.2012; DOG núm. 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas