Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 31 de xullo de 2014 Páx. 33059

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (389/2014).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3 en substitución do número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 389/2014, por instancia de Arturo Abellón Maroño contra Transportes Rivefarma, S.L., I-vamos Empresa de Servicios Especializados, S.L., sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data do 19 de xuño de 2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido:

Estímase a demanda interposta por Arturo Abellón Maroño contra Transportes Rivefarma, S.L. e I-vamos Empresa de Servicios Especializados, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada I-vamos Empresa de Servicios Especializados, S.L. ao demandante.

– Condénase a I-vamos, Empresa de Servicios Especializados, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 11.207,54 euros. O aboamento desta indemnización determina a extinción do contrato de traballo; en caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata esta resolución, ascenden a 5.472,72 euros, aos que se lles terán que engadir os que se devindiquen ata a súa notificación, a razón de 55,28 euros diarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes».

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lles sirva de notificación en forma ás empresas Transportes Rivefarma, S.L. e I-vamos Empresa de Servicios Especializados, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 9 de xullo de 2014

O secretario xudicial