Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 30 de xullo de 2014 Páx. 32919

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 4 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social (RL 2014/0098-4).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, por esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Expediente: RL 2014/0098-4.

Acta: I362014000017942.

Empresa: Villavig Ciudad, S.L.

NIF: B85691038.

Enderezo: avenida Fisterra, 207, baixo D, A Coruña.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 14.2 e 16.1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro.

Preceptos sancionadores: artigos 12.1.a), 39.3.h) e 40.2.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data resolución: 25.6.2014.

Resolución: multa de 4.000 €.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada, perante o director xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda.

Vigo, 4 de xullo de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo