Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 29 de xullo de 2014 Páx. 32801

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 7 de xullo de 2014 pola que se notifica o Acordo do 24 de abril de 2014, mediante o cal se resolve o recurso de reposición do predio número 89-a, sito en Abadín, relativo ao proxecto 01093 (expediente 2011/001408).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlle mediante a presente cédula a Fidel Díaz Fole o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 24 de abril de 2014, mediante o que se resolve o recurso de reposición do predio número 89-a, sito en Abadín, relativo ao proxecto 01093, expediente 2011/001408, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra a presente resolución que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i ) 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2014

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01093-parque eólico Alto do Seixal (Farrapa I. Fase II). Expediente 114-EOL. TM Abadín, Mondoñedo e A Pastoriza.

Nº de expediente: 2011/001408.

Persoa para notificar: Fidel Díaz Fole.

Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Delegación Provincial de Lugo.

Expropiados: Hermelina Ares Cabanela e outros.

Beneficiaria: Fenosa Wind, S.L.U.

Predio: 89-a.

Concello: Abadín.

Provincia: Lugo.

Valoración resolución do Xurado: 180.789,36 €.