Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 29 de xullo de 2014 Páx. 32730

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2014 pola que se convoca a persoa aspirante admitida pola quenda de acceso libre á realización do primeiro exercicio (probas de lingua galega) do proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade química (análise elemental), do grupo III, convocado por Resolución do 4 de decembro de 2013.

Por Resolución reitoral do 4 de decembro de 2013 (DOG do 18 de decembro e BOE do 26 de decembro de 2013), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade química (análise elemental), pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

Á vista do acordo do tribunal que dá por concluído o proceso selectivo pola quenda de promoción interna, sen que ningunha persoa aspirante o superase, ofértase a vacante pola quenda de acceso libre, tal como establece o punto 1.2 da convocatoria das probas selectivas.

A Resolución reitoral do 23 de maio de 2014, no seu punto cuarto, establece que as persoas admitidas pola quenda de acceso libre serán convocadas para realizar o primeiro exercicio mediante resolución que se publicará no Diario Oficial de Galicia. De conformidade con isto, resolvo:

Convocar a persoa aspirante admitida pola quenda de acceso libre para a realización do primeiro exercicio (probas de lingua galega) da fase de oposición, o día 17 de setembro de 2014, ás 10.00 horas, no Servizo de Normalización Lingüísitica (Vivendas dos Catedráticos, 1º andar, Campus Vida, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios será efectuada polo tribunal, nos locais onde se realizase o primeiro deles, na Reitoría da Universidade e na páxina web: http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/selecciondepersoal.html.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado Contencioso-Administrativo de Santiago de Compsotela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Ley 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo de un mes ante o órgano que o ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2014

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela