Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 29 de xullo de 2014 Páx. 32751

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos (expediente AC-EP 71/2014 e AC-EP 80/2014).

Intentada a notificación aos titulares dos establecementos que se indican a continuación sen que se puidesen practicar, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que se ditou resolución nos expedientes sancionadores que se relacionan no anexo por infraccións da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, perante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Advírtese que de non ser interposto este en tempo e forma, terá que aboar a multa imposta nos períodos de pagamento voluntario sinalados no boletín de multas e sancións que serán facilitados no Servizo de Administración Local e Interior desta xefatura territorial, sito no Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

As débedas non satisfeitas nos períodos citados no punto anterior exixiranse en vía de constrinximento.

A Coruña, 23 de xuño de 2014

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

Denunciado

Enderezo

Establecemento

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Resolución

AC-EP 71/2014

Vía Farini, S.L.

R/ Castiñeiras de Abaixo, 34-36 Po DC

15006 A Coruña

Studio 54

26.e) da LO 1/1992

28 da LO 1/1992

90,00 €

AC-EP 80/2014

Playa 15, S.C.

R/ Praia, 15, baixo 15160 Sada

Playa 15

26.e) da LO 1/1992

28 da LO 1/1992

90,00 €