Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 29 de xullo de 2014 Páx. 32741

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui

EDICTO (256/2012).

Branca Susana Janeiro Amela, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui, polo presente, anuncio:

Neste procedemento de xuízo verbal, seguido por instancia de Galigyps Logística y Distribución, S.L. fronte a Roberto Alonso Outeiro, ditouse sentenza 55/2013 cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Que estimando integramente a demanda formulada pola procuradora María Antonia Duque Serra, en nome e representación de Galipyps Logística y Distribución, S.L., contra Roberto Alonso Outeiro, condeno a Roberto Alonso Outeiro remitíndome ao disposto na referida sentenza.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que esta é firme, polo que fronte a ela non cabe interpor recurso de apelación.

E encontrándose o dito demandado, Roberto Alonso Outeiro, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

Tui, 20 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial