Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 28 de xullo de 2014 Páx. 32606

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 7 de xullo de 2014 pola que se notifica o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 8 de maio de 2014 que fixa o prezo xusto do predio número 1096-c sito en Santiago de Compostela, relativo ao proxecto 01276 (expediente 2012/002848).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlle mediante a presente cédula a María Jesús Furelos Suárez o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 8 de maio de 2014 que fixa o prezo xusto do predio número 1096-c sito en Santiago de Compostela, relativo ao proxecto 01276, expediente 2012/002848, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpor directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interporse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2014

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01276-modificado nº 1 mellora da seguranza viaria na estrada AC-841. Treito: O Castiñeiriño-Os Tilos. Clave: AC/06/152.06.M1.

Nº de expediente: 2012/002848.

Persoa a quen se vai notificar: María Jesús Furelos Suárez.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.

Expropiado: María Jesús Furelos Suárez.

Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.

Predio número: 1096-c.

Concello: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Valoración resolución do Xurado: 5.983,93 €.