Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 28 de xullo de 2014 Páx. 32608

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 7 de xullo de 2014 pola que se notifica o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 24 de abril de 2014 que fixa o prezo xusto do predio número 272-7 sito en Becerreá, relativo ao proxecto 01296 (expediente 2013/000068).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula a Antonio Pérez Rodríguez o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 24 de abril de 2014 que fixa o prezo xusto do predio número 272-7 sito en Becerreá, relativo ao proxecto 01296, expediente 2013/000068, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpor directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interporse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2014

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01296-modificado nº 1 acondicionamento da estrada
LU-722 Becerreá-Navia de Suarna. Treito I: Becerreá-A Ribeira. Clave: LU/01/056.01.1.M1.

Nº de expediente: 2013/000068.

Persoa a quen se vai notificar: Antonio Pérez Rodríguez.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Lugo.

Expropiado: Antonio Pérez Rodríguez.

Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Lugo.

Predio número: 272-7.

Concello: Becerreá.

Provincia: Lugo.

Valoración resolución do Xurado: 1.502,55 €.