Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 28 de xullo de 2014 Páx. 32553

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (310/2013).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que no procedemento 310/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Áurea Sánchez Rodríguez contra Impergalicia, S.A. e o Fogasa sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza coa seguinte resolución:

Que, estimando integramente a demanda interposta por Áurea Sánchez Rodríguez contra a empresa Impergalicia, S.A., debo condenar e condeno a expresada empresa demandada a lle aboar á parte demandante a cantidade de 19.477,80 euros, sen prexuízo da responsabilidade que legalmente ten atribuída o Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado, ante o cal deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito, e cos demais requisitos exixidos nos artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

E para que sirva de notificación en forma a Impergalicia, S.A., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 7 de xullo de 2014

O secretario xudicial