Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 28 de xullo de 2014 Páx. 32591

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 10 de xuño de 2014 pola que se notifica o apercibimento previo á execución forzosa derivada do expediente sancionador IU1/12/2014 (S-68/2004).

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o 17 de xuño de 2014 ditou resolución mediante a que se require a José Places Sánchez para que proceda ao cumprimento da orde de restitución contida na Resolución do delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente, do 17 de outubro de 2005 (expediente IU1/12/2014 (S-68/2004), apercibíndoo de que, no caso de incumprimento daquela, se procederá á súa execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas.

Ao non poder realizarse a notificación persoal, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o dito apercibimento.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do apercibimento que se lle notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de diez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra este apercibimento non cabe interpoñer ningún recurso.

Para que conste e lle sirva de notificación ao destinatario arriba indicado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística