Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 28 de xullo de 2014 Páx. 32594

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

ANUNCIO do 8 de xullo de 2014 polo que se empraza a entidade interesada para ser notificada por comparecencia no expediente IN982R 2006/1-2.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación polo servizo de Correos, emprázase a entidade interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director de Competitividade da Axencia Turismo de Galicia.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Axencia Turismo de Galicia, sita na praza de Mazarelos nº 15 (Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo, sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2014

José Luis Maestro Castiñeiras
Director de Competitividade da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO

Expediente: IN982R 2006/1-2.

Interesado: Fonte Sacra, S.L.

Acto de notificación: requirimento de documentación xustificativa do cumprimento de obrigas.