Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 28 de xullo de 2014 Páx. 32581

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 2014/080-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Expediente: IN407A 2014/080-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS na rúa Zoqueiros.

Situación: concello de Narón.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 2×0,015 km, coa orixe en empalmes para realizar na LMTS RDP 703, Río do Pozo 2 3, entre o CT Río do Pozo, 27 (expediente 127/07) e o CT Río do Pozo 26 (expediente 127/07), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final na mesma liña unha vez que entre e saia do CS para instalar polo cliente.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 3 de xullo de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña