Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 28 de xullo de 2014 Páx. 32582

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cariño (expediente IN407A 2014/070-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Expediente: IN407A 2014/070-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CT en rúa Manuel Fraga Iribarne.

Situación: concello de Cariño.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,040 km, coa orixe en empalmes para realizar na LMTS MEA-816 (expediente 150/09), entre o CS porto de Cariño e o CT Campo (expediente 242/09), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final na mesma liña unha vez entre e saia do centro de transformación proxectado.

Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 3 de xullo de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña