Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 24 de xullo de 2014 Páx. 32386

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1310/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1310/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Agustín Pereira Fernández contra Metalúrgica Lubre, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 384/2014.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 1310/2013.

Demandante: Agustín Pereira Fernández.

Letrada: Sra. Vázquez Sánchez.

Demandada: Metalúrgica Lubre, S.L.

Fogasa.

A Coruña, 30 de xuño de 2014.

Decisión.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Agustín Pereira Fernández fronte á empresa Metalúrgica Lubre, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo iso con condena da empresa indicada ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión.

2º. A indemnización que aboarán as empresas demandadas, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 5.619,06 euros.

3º. O Fogasa deberá pasar polo resolto nesta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Metalúrgica Lubre, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 30 de xuño de 2014

A secretaria xudicial