Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 24 de xullo de 2014 Páx. 32340

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 10 de xullo de 2014 pola que se concede a autorización definitiva ao centro privado estranxeiro O Castro International School, de Mos (Pontevedra).

Por Orde do 30 de outubro de 2012, autorízase temporalmente a apertura e funcionamento do centro privado estranxeiro O Castro International School, de Mos (Pontevedra), para impartir as ensinanzas de Nursery (3 anos de idade) ata o curso de Year 7 (12 anos de idade) do Currículo Nacional de Inglaterra e País de Gales, ensinanzas que corresponden co segundo ciclo da educación infantil e coa educación primaria do sistema educativo de España.

Con data do 8 de maio de 2014 o British Council certifica que, de acordo co informe de inspección, o centro docente reúne os requisitos do artigo 14 do Real decreto 806/1993, do 28 de maio, para unha autorización plena.

O representante da titularidade do devandito centro privado estranxeiro solicita a autorización definitiva para impartir as ensinanzas do sistema educativo británico a alumnado español e estranxeiro.

Polo que antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorización

1. Conceder a autorización definitiva ao centro privado estranxeiro O Castro International School, para impartir as ensinanzas de Nursery (3 anos de idade) ata o curso de Year 7 (12 anos de idade) do Currículo Nacional de Inglaterra e País de Gales.

2. Os datos do centro son os que se detallan a seguir:

Denominación xenérica: centro privado estranxeiro.

Denominación específica: O Castro International School.

Código do centro: 36024835.

Titular: O Castro International School of Vigo, S.L.

Domicilio: Camiño de San Cosme nº 1.

Localidade: San Pedro de Cela.

Concello: Mos.

Provincia: Pontevedra.

Ensinanzas que se autorizan: Nursery (3 anos de idade) ata o curso de Year 7 (12 anos de idade) do Currículo Nacional de Inglaterra e País de Gales.

Alumnado: español e estranxeiro.

Número de postos escolares: 450.

Segundo. O centro deberá completar as ensinanzas autorizadas con ensinanzas de lingua castelá e literatura e de lingua galega e literatura, que deberán impartirse co mesmo deseño e horario establecidos nas normas da Comunidade Autónoma de Galicia, que regulan as ensinanzas correspondentes á educación infantil e primaria.

Así mesmo, o currículo de cultura española deberá desenvolver os contidos esenciais das áreas de coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural, recollidos nas normas reguladoras das ensinanzas.

Terceiro. O profesorado que imparta as ensinanzas mencionadas no punto anterior deberá reunir os requisitos de titulación requiridos pola lexislación española para os niveis educativos correspondentes, e terá os dereitos e obrigas que determina o artigo 12 do Real decreto 806/1993, do 28 de maio, sobre réxime de centros docentes estranxeiros en España.

Cuarto. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Quinto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e sometido á inspección educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, de conformidade co establecido no artigo 9 do Real decreto 806/1993, do 28 de maio, así como a solicitar unha nova autorización e inscrición no caso de que se produza calquera variación dos elementos e circunstancias que dan lugar a esta autorización.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria