Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 24 de xullo de 2014 Páx. 32368

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos/as, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 10 de xullo de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 27 de febreiro do 2014 (DOG núm. 50, do 13 de marzo), modificada pola Orde do 24 de marzo do 2014 (DOG núm. 71, do 11 de abril), pola que se nomean os membros do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos/as, de conformidade co disposto na base II.1.1.1.,

ACORDOU:

Primeiro. Á vista das reclamacións e alegacións presentadas, anular as preguntas número 21, 54, 68 e 90 do primeiro exercicio e as preguntas de reserva 121 y 122, pasando a ocupar o seu posto a pregunta de reserva 123.

Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1. da convocatoria, superaron o primeiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez puntos (10 puntos) e fíxase, unha vez feitas as deducións previstas na citada base da convocatoria, en 70 o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, para os aspirantes que se presentaron pola quenda de acceso libre, e en 64 o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, para os aspirantes que se presentaron pola quenda prevista na base I.1.2.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala de arquitectos/as, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.7 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2014

Fernando García-Fente Varela
Presidente do tribunal