Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 23 de xullo de 2014 Páx. 32323

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Curtis

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan parcial do sector de solo urbanizable SUD-3 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria que tivo lugar o 26 de xuño de 2014, adoptou, entre outros, o acordo de aprobación defintiva do documento do Plan parcial do sector de solo urbanizable SUD-3 do PXOM de Curtis, e fai constar que con esta mesma data se remitiu a documentación establecida no artigo 92 da Lei 9/2002 á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses. Previa e potestativamente, poderase interpor recurso de reposición, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes. Tamén poderá interpor o recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992.

Curtis, 3 de xullo de 2014

Javier Fco. Caínzos Vázquez
Alcalde