Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 23 de xullo de 2014 Páx. 32270

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución de arquivamento do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos OU-E-17/14.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles aos titulares dos establecementos que se relacionan no anexo que se achega a resolución do expediente sancionador, por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá (LOSC), por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

O expediente relacionado atópase á disposición do interesado para que, de ser o caso, poidan consultalo na Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, nº 79, 2º, 32003 Ourense.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Ourense, 2 de xullo de 2014

Marisol Díaz Mouteira
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-17/14.

NIF: 44459564-N.

Denunciado: Rubén Rodríguez Lorenzo.

Enderezo: r/ Curros Enríquez, 15 baixo, Ourense.

Establecemento: Ruben’s; r/ Curros Enríquez, 15 baixo, Ourense.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.