Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 23 de xullo de 2014 Páx. 32313

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2014, do Servizo de Infraestruturas de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción dun aparcadoiro disuasorio en Domaio-Moaña (clave GA/13/077.01.2).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu ordinal 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e na execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 8 de maio de 2014, a Xunta de Galicia declarou a utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para os efectos de expropiación para a mencionada obra, mediante o Decreto 55/2014, publicado no Diario Oficial de Galicia, do 20 de maio de 2014.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convocar os titulares dos bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do concello de Moaña, para que comparezan nos lugares, nas datas e nas horas que se detallan a seguir, co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o seu valor e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Termo municipal de Moaña.

Lugar: casa do concello de Moaña.

Data: 22 de agosto de 2014, ás dez horas e trinta minutos.

A relación de titulares, cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estará exposta no concello de Moaña, e no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (avenida Fernández Ladreda, nº 43, 1º).

A ese acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegar os documentos acreditativos da súa titularidade, o documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, e poden facerse acompañar pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución e ata o momento do levantamento da acta previa correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante o Servizo de Infraestruturas de Pontevedra, (avenida Fernández Ladreda, nº 43, 1º), as alegacións que consideren pertinentes, co obxecto de emendar posibles erros padecidos ao relacionar os bens afectados pola urxente ocupación.

Tamén se comunica que deberán comparecer ao acto achegando as escrituras de propiedade dos predios e o documento nacional de identidade.

Pontevedra, 4 de xullo de 2014

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo de Infraestruturas de Pontevedra