Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 23 de xullo de 2014 Páx. 32299

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 11 de xullo de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se somete a información pública a versión preliminar do Programa de desenvolvemento rural de Galicia para o período de programación 2014-2020 e o informe de sustentabilidade ambiental.

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 137, do 21 de xullo de 2014, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 31898, no segundo parágrafo, onde di: «… no que os xuros poderán examinalo…», debe dicir: «… no que os interesados poderán examinalo…».