Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 23 de xullo de 2014 Páx. 32296

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 5 de maio de 2014 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión da batea Adofra II.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Adofra II e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito do 28.2.2014, Lidia Iglesias Cores, en representación das herdeiras de José Manuel Iglesias Allo, solicitou autorización para a transmisión da concesión da batea Adofra II.

Segundo. A interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servizo Técnico-Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, que a modifica, e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Francisco Iglesias Allo (35421971-K), Dolores Iglesias Pardavila (35417727-G), Juan Luis Iglesias Allo (35453824-Z), Ángela María Otero Blanco (35461014-M), Faustino Iglesias Allo (35461161-Z), Lidia Iglesias Cores (35484137-J) e Alba Iglesias Cores (35598889-H), da concesión que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Adofra II.

Situación:

Cuadrícula nº: 129.

Polígono: A.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 4.12.1963.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: José Manuel Iglesias Allo, Francisco Iglesias Allo (35421971-K), Dolores Iglesias Pardavila (35417727-G), Juan Luis Iglesias Allo (35453824-Z), Ángela María Otero Blanco (35461014-M) e Faustino Iglesias Allo (35461161-Z).

Novos titulares: Francisco Iglesias Allo (35421971-K), Dolores Iglesias Pardavila (35417727-G), Juan Luis Iglesias Allo (35453824-Z), Ángela María Otero Blanco (35461014-M), Faustino Iglesias Allo (35461161-Z), Lidia Iglesias Cores (35484137-J) e Alba Iglesias Cores (35598889-H).

Os novos titulares da concesión subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 5 de maio de 2014

P.D. (Resolución do 12 de abril de 2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa de Coordinación da Área do Mar