Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 23 de xullo de 2014 Páx. 32279

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Tui (expediente IN407A 2014/99-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Domicilio social: rúa A Coruña, 20, baixo, 36000 Tui.

Denominación: LMTS CT Rosales-CT Rebordáns.

Situación: Tui.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 en dous tramos:

1. 275 metros, con orixe no CT Rosales e final no apoio existente C-3.000/18.

2. 200 metros, con orixe na arqueta proxectada e final en apoio existente.

A instalación está situada no lugar da Gabia, Rebordáns, Tui.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 12 de xuño de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra