Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 23 de xullo de 2014 Páx. 32280

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 27 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2014174AL-CO por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 4 de xuño de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2014174AL-CO incoado a Cunchas da Ría, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Cunchas da Ría, S.L. o contido de dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante a xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 27 de xuño de 2014

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2014174AL-CO.

Interesada: Cunchas da Ría, S.L.

DNI/NIF/CIF: B70301684.

Derradeiro enderezo coñecido: Porto de Rianxo, nave 37,15920 Rianxo.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos:

– Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño (BOE núm. 168, do 15 xullo). Alimentos. Regula as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agroalimentaria. Artigo 5.1.

– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE núm. 160, do 6 de xullo). Artigo 50.1º.a), c), e); artigo 51.1º e artigo 52.1º.a).

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 1.200 €.